CRTVG

Buscar

O Vilarreal conquista a Liga Europa ao errar De Gea tras once penaltis

Publicado o 26/05/2021 23:56

EFE

EFE

O Vilarreal alcanzou a gloria co primeiro título da súa historia ao impoñerse o Manchester United nos penaltis na final da liga Europa, que se disputou no Area Gdansk polaco. Tras o empate a un gol co que acabou a prórroga, os xogadores de ambos os equipos mostráronse infalibles nos lanzamentos, ata o undécimo, que fallou o porteiro do Manchester David De Gea e deu o título ao Vilarreal.

Antes, tras o tempo regulamentario e a prórroga, Vilarreal e Manchester United empataran a un gol tras un tanto de Gerard Moreno no minuto 29 e outro do uruguaio Edinson Cavani aos dez minutos de renovarse o choque no segundo tempo. 

Noticias web

26/05/2021