CRTVG

Buscar

O vigúes Nico Rodríguez e Jordi Xammar, subcampións de Europa de 470

Publicado o 07/05/2021 21:53

Moi boas sensacións as que deixan o regatista vigués Nico Rodríguez e Jordi Xammar na última proba antes dos xogos olímpicos A parella logrou a medalla de prata no campionato de Europa de 470, que se celebrou na localidade portuguesa de Vilamoura. Un segundo posto do podio máis que meritorio xa que partían de terceiros. Ademais na última regata foron penalizados e relegados ata o sétimo posto. Aínda así remontaron e acabaron segundos, por detrás do veleiro francés. Nico Rodríguez, número 1 na clasificación mundial, e Jordi Xammar son serios candidatos á medalla en Toquio.