CRTVG

Buscar

O vigués Martín de la Puente debuta con vitoria en Toquio

Publicado o 27/08/2021 15:09
O vigués Martín de la Puente debuta con vitoria en Toquio

O tenista vigués Martín de la Puente estreouse nos Xogos Paralímpicos de Toquio cunha vitoria ante o Arxentino Agustín Ledesma.

O que fora diploma olímpico no Río 2016, impúxose con solvencia dous sets a cero (6-1 e 6-1) nun partido previsto para as 4:00 desta madrugada e que tivo que pospoñerse pola calor.

Noticias web

27/08/2021