CRTVG

Buscar

O vicepresidente da Xunta insiste na suspensión da folga da Xustiza mentres se negocia

Publicado o 06/03/2018 08:25

Un día antes de que faga un mes da folga de Xustiza, o vicepresidente da Xunta comparece no Parlamento para dar conta da situación. Dende hai unha semana, non hai negociacións nin data para retomalas, e a solución parece cada día máis lonxe. Os sindicatos advirten do colapso que se está a dar nos xulgados e nos rexistros, mentres preparan novos actos reivindicativos. Alfonso Rueda insiste na necesidade de que se suspenda a folga para negociar un acordo.

Noticias web

06/03/2018