CRTVG

Buscar

O vicepresidente da Xunta agarda que todo saía ben na volta a normalidade do ocio nocturno

Publicado o 12/06/2021 15:03

Na Coruña está outra das grandes salas onde esta tarde se realizará unha das probas piloto, a Sala Pelícano. Alí teñen xa todo preparado para ese momento no que se xogan moito.

Na sala Pelicano está xa todo listo para esta agardada reapertura. Foi unha mañá tranquila neste local coruñés e ata dentro dunhas horas non volverá a actividade para esa reapertura. As entradas están esgotadas.

Ademais, medidores de CO2 darán información en tempo real da calidade do aire para garantir que os locais son lugares seguros. Con controis exhaustivos nos accesosdesta proba piloto dependerá que a música e o baile regresen ás salas galegas, a primeiros de xullo. Algunhas voces do sector pedían que se adiantase á apertura. Desde a Xunta non o descartan, pero piden prudencia e agardar a ver os resultados das probas desta noite.

Alfonso Rueda , vicepresidente da Xunta:"Agardamos que todo saía ben porque levamos tempo preparando e os profesionais da hostaleria demostraron moita responsabilidade en xeral en toda a pandemia e van a demostralo agora. Son os primeiros interesados en volver tamén a esa normalidade e o ocio nocturno que parecía impesable hai uns meses que puidera funcionar, nós agardamos que a partir do un de xullo, que é o que pactamos con eles, o poida facer en condicións ao principio non iguais que antes da pandemia pero poucoa pouco se irá recuperando esa normalidade"






 

Noticias web

12/06/2021