CRTVG

Buscar

O verán traerá uns 65.500 novos contratos en Galicia

Publicado o 30/06/2021 15:25

O verán trae consigo novos postos de traballo. En Galicia estímase que se asinarán ata 65.500 contratos. Cales son os perfís máis demandados?

Carolina Souto, consultora Adecco en Santiago di que "xa está arrancando a hostaleria, tamén por rebaixas pedido de dependentes e dependentas, tamén no sector industrial pedido de carretilleiros, mozos, operarios, preparadores de pedidos".

O turismo e a hostaleria levantan cabeza logo dun ano moi complicado e iso nótase nas contratacións.

Natalia Devesa Botana xerente dun establecemento hostaleiro explica que "teño unha terraza moi ampla e require traballala e ter case o dobre de persoal. Partimos de en inverno cinco ou seis empregados, a duplicar, agora somos once en verán".

As previsións para o verán nalgún hotel son similares aos tempos previos á pandemia. "O certo é que xullo podemos dicir que as previsións son boas, realmente boas á altura dun ano incluso pre-covid. Nos próximos días temos a previsión de ter tamén todo o equipo do hotel recuperado senon tamén facer algunhas contratacións para reforzos", cre Pablo Guitián, director dun hotel en Santiago.

O comercio é outro dos sectores que máis emprego xera no verán, segundo Adecco, Galicia asinará preto de 7.300 novos contratos grazas á campaña de rebaixas, o que supón un crecemento do 14 %.

Noticias web

30/06/2021