CRTVG

Buscar

O verán comeza con temperaturas baixas e chuvia

Publicado o 21/06/2021 14:22

Ás cinco e media da mañá comezou o verán, aínda que meteoroloxicamente non o pareza. Este mediodía, os termómetros marcaban en Vigo unha temperatura de 17 graos, algo nada propia desta época do ano, e ademais a presenza da chuvia que cae intermitentemente en case toda Galicia desloce este primeiro día oficial do verán.

Os que estean desexando a chegada do bo tempo, non desesperen, porque a situación vai ir mellorando a medida que avance a semana. Mañá xa haberá unha situción intermedia entre as borrascas do centro de Europa e o anticiclón dos Azores. Así que haberá chuvascos intermitentes sobre todo no norte da comunidade e as temperaturas irán subindo.

Xa cara ao mércores e a agardada noite de San Xoán, remitirá a chuvia, abriranse claros durante o día e a noite será fresca, pero sen precipitacións. Así que poderemos gozar das cacharelas, no ámbito privado, iso si, porque son as únicas permitidas este ano pola pandemia. E os galegos, xa estamos habituados ao tempo inestable, pero como se adoita dicir, nunca chove a gusto de todos.

Noticias web

21/06/2021