CRTVG

Buscar

O vento reactiva un cento de incendios en Grecia; os de Turquía causan oito mortos

Publicado o 06/08/2021 13:13

As altas temperaturas e o vento reavivan os grandes incendios que están asolando o leste mediterráneo. Grecia, coa peor onda de calor en tres décadas, vive unha crise medioambiental sen precedentes, con máis dun cento de incendios activos. Os equipos de extinción lograron evitar que o lume alcanzase a antiga Olimpia, no Peloponeso, onde 19 localidades foron evacuadas.


Un home de 40 anos, que loitaba contra o lume nos suburbios do norte de Atenas, converteuse este este venres na primeira vítima mortal no país tras sufrir unha ferida no cranio durante os labores de extinción.

Os incendios tamén arrasan Turquía, onde van xa oito mortos. O Goberno viuse desbordado con 160 focos e tivo que pedir axuda aérea a España, Croacia e Rusia.

Tamén hai incendios en Italia, Bulgaria, Albania e Macedonia do Norte.

Noticias web

06/08/2021