CRTVG

Buscar

O vento porá en alerta este martes a costa da Coruña, e as altas temperaturas, o Baixo Miño e Ourense

Publicado o 24/08/2021 09:13

EFE

EP

O vento costeiro manterá en aviso amarelo o litoral da Coruña este martes, xornada en que a conca do río Miño ao seu paso polo sur de Pontevedra e de Ourense continuará en alerta por altas temperaturas.

Deste xeito, a costa da provincia da Coruña estará en alerta amarela por vento de forza sete durante toda a xornada do martes. O aviso manterase tamén de cara ao mércores. En canto ás altas temperaturas, os máis de 34 graos centígrados que se esperan no sur de Pontevedra e na conca do Miño na provincia de Ourense manterán estas zonas, xunto coa comarca de Valdeorras, en aviso por calor.

Noticias web

24/08/2021