CRTVG

Buscar

O vento obriga a suspender actividades exteriores nalgúns centros escolares

Publicado o 17/12/2019 17:38
O vento obriga a suspender actividades exteriores nalgúns centros escolares

A Comisión Escolar de Alertas suspenderá este mércores as actividades no exterior dos centros educativos radicados nas zonas decretadas con alerta laranxa por refachos de vento superiores a 100 quilómetros por hora. 

Segundo o establecido por Meteogalicia, explicou Educación, este adverso afectará as zonas de predición meteorolóxica do oeste da provincia da Coruña, a Mariña lucense e montaña da provincia de Ourense.   

En todo caso, as direccións dos centros escolares das zonas excluídas desta alerta poderán adoptar as decisións que estimen oportunas se consideran un risco superior ao declarado, lembrou a Xunta.