CRTVG

Buscar

O vento e a falta de medios agravan a situación polos incendios en Grecia

Publicado o 07/08/2021 20:57

Por quinto día consecutivo, Grecia segue este sábado loitando contra os incendios que arrasan miles de hectáreas forestais, e obrigan á evacuación de ducias de poboacións. Os fortes ventos e a falta de medios impiden o control dos cincuenta e cinco incendios activos. Polo momento, o lume ocasionou a morte dun bombeiro voluntario preto de Atenas. Outros dous bombeiros están en estado crítico. A policía xa detivo tres persoas, como presuntos autores doutros tantos lumes. España desprazou a Grecia un avión anti incendios e un equipo da Unidade militar de emerxencia, para axudar na loita contra o lume.


 

Noticias web

07/08/2021