O vento complica os incendios en Grecia mentres se agarda un alivio das temperaturas
Publicado o 06/08/2021 20:43
Turquía e Gracia seguen batallando contra a peor vaga de incendios das últimas décadas.
As autoridades turcas conseguiron este venres controlar un dos maiores focos que arrasan o sur do pais e que causou 7 das 8 vítimas mortais rexistradas ata agora. Estas imaxes amosan a devastación que deixaron os lumes nos últimos dez dias.
Pola contra, en Grecia non dan tregua. O forte aumento dos ventos empeorou a situación, reavivando focos xa existentes e desencadeando outros novos. Nas últimas horas rexistrouse o primeiro falecido pero os danos están sendo incalculables. A cidade de Olimpia, na que se celebraron as primeiras Olimpiadas, está tamén ameazada polo lume.