CRTVG

Buscar

O vento arrinca a sobrecuberta de paneis dunha casa en Poio

Publicado o 12/05/2021 13:19
O vento arrinca a sobrecuberta de paneis dunha casa en Poio

Os residentes dun inmoble de Poio viviron a noite pasada un bo susto cando o vento arrincou e tirou os paneis sandwich instalados sobre o tellado do inmoble. Afortunadamente, as pezas na súa voadura non alcanzaron a ninguén, e, unha vez retiradas e xuntadas, os residentes continuaron coa súa rutina. Os paneis estaban colocados sobre o tellado de pizarra. Isto evitou que entrase a auga da chuvia na vivenda.

Noticias web

12/05/2021