O venres xa non se poderá entrar nin saír de ningunha das sete cidades sen motivo
Publicado o 13/01/2021 14:59
En Lugo, Pontevedra e Vigo os datos a día de hoxe aínda lles permiten non saltar ao nivel máximo de restricións, pero estarán en especial vixilancia. Se pasan de nivel, a hostalería, por exemplo, só poderá abrir en terrazas coa metade da ocupación ata as seis da tarde, como acontecerá dende venres en Ourense, Santiago, A Coruña e Ferrol.
A recomendación é saír só facer o indispensable. Cines, teatros e auditorios non pechan, pero seguen cunha actividade moi reducida.
Pechadas as sete grandes cidades e cos seus veciños só realizando actividades indispensables, agardan porlle freo a uns datos preocupantes a nivel sanitario. Poñen a vista en mediados do mes de febreiro para conter esta terceira onda da pandemia.