CRTVG

Buscar

O veleiro Pottoka fai escala no porto da Coruña

Publicado o 21/09/2019 14:42


Hai cinco séculos unha expedición marítima capitaneada por Fernando de Magalláns partiu do porto de Sevilla para completar, tres anos despois, a primeira volta ao mundo. Aquela fazaña inspira a travesía do Pottoka, que acaba de aportar na Coruña. O periplo deste veleiro comezou o día quince en Guetaria e finalizará o próximo catro de outubro en Sevilla, logo de percorrer unhas mil millas náuticas. A tripulación cambia en cada etapa, pero, en conxunto, está formada por dezaseis persoas convidadas pola Fundación Elkano que debaterán sobre cuestións como a relación dos pobos costeiros co mar, a sostibilidade ou a convivencia entre culturas. O Pottika partirá o luns cara a Lisboa.


 

Noticias web

21/09/2019