CRTVG

Buscar

O veciños denuncian un aumento dos altercados e actos violentos na Caeira, en Poio

Publicado o 25/10/2019 14:48

Enriba e abaixo. Escaleiras e zonas escuras que separan dous mundos, o conflitivo núcleo do Vao e a veciñanza do barrio da Caeira, en Poio. Unha liña invisible chea de inseguridade, pelexas e roubos. O último, unha profesora ferida tras ser asaltada cun obxecto punzante, en plena rúa.

A plataforma de afectados de San Salvador pide unha maior vixilancia, mesmo unha patrulla nocturna, para que a veciñanza non pase medo.

O Concello de Poio está disposto a garantir a seguridade cidadá con máis axentes e puntos de luz.

Noticias web

25/10/2019