O Vaticano anuncia que o Papa Francisco viaxará a Irak en marzo
Publicado o 07/12/2020 21:26
Máis dun ano despois da súa última viaxe, o papa Francisco volverá a tomar o avión, neste caso para viaxar a Irak. Será do 5 ao 8 de marzo e visitará Bagdag, Erbil, Qaraqosh e a cidade más golpeada por a violencia do Estado Islámico: Mosul.
Trátase dunha viaxe moi querida polo pontífice, quen no pasado expresou o seu desexo por visitar este país e máis Sudán do Sur.
Ademáis, Fracisco tamén cumprirá co desexo de Xoán Paulo II de visitar Ur dos caldeos, patria de Abraham, desexo que non realizou pola guerra de Irak que sucedeu ó atentado das Torres Xemelgas.
O Vaticano aclara que os detalles da viaxe se coñecerán máis adiante, dependendo da evolución da emerxencia sanitaria.