CRTVG

Buscar

O VAR acerta ao conceder o segundo gol de Carlos Pita

Publicado o 13/06/2020 19:20

Parecía un fora de xogo claro. Non protestou nin Carlos Pita, autor do gol. Pero a repetición chamou a atención dos árbitros de vídeo. O balón viña dun xogador do Rácing de Santander. Revisado polo colexiado, rectificou a súa primeira decisión e concedeu o gol do triunfo lucense.