CRTVG

Buscar

O Valencia frea a escalada do Barcelona (2-2)

Publicado o 19/12/2020 20:49

F.C. Barcelona 2 - Valencia C. F. 2

Barça e Valencia converteron o camp Nou nunha montaña rusa, nun carrusel de subida e baixada no que uns e outros puideron saír vencedores. O Valencia arrancou mellor e golpeou primeiro por medio de Diakhaby. Minuto 30. Na súa marcaxe a distancia, no córner, estaba Griezmann.

Mais cando parecía que o seu segundo che estaba preto, co Barça perdido... Aí chegou a xogada polémica co penalti que Hernández Hernández indicou de Gayá a Griezmann. O colexiado mesmo expulsou ao defensor, pero logo de consultar o VAR rectificou e deixouno en amarela. Decisión difícil de entender porque a ocasión era manifesta. Difícil de entender tamén pro Valencia que entendía que nen sequera existía falta.

O caso é que tirou o penalti Messi, que o fallou pero Alba recolleu o rexeite e acabou por cabecear pra empatar o propio Messi. Primeiro gol de cabeza do Barça na Liga. Messi nin o celebrou. E razóns tiña... 643 goles co Barça, record mundial compartido con Pelé de tantos logrados cun mesmo equipo. Con esa acción marchamos ao descanso.

Á volta máis do mesmo. Só que agora foron os culés os que se puxeron enriba, grazas a Araújo. Minuto 52. O central pide paso neste Barça ramplón e irregular. Incapaz de suxeitar un partido.

A falta de 20 minutos pro final, Gayá volveulla armar e Maxi Gómez igulou o encontro. Anticípase a Óscar Mingueza. 2-2 no Camp Nou. Resultado que frea a escalada do Barça na táboa e que en pouco alivia a situación precaria do Valencia na Liga.

Noticias web

19/12/2020