CRTVG

Buscar

O Valencia cede dous puntos chave e o Barcelona lidera con moitas dúbidas

Publicado o 23/10/2019 23:11
O Valencia cede dous puntos chave e o Barcelona lidera con moitas dúbidas

O Valencia (1-1) perdeu dous puntos en Lille cun gol do rival no minuto 95, tras un partido discreto pero que a punto estivo de gañar a pesar dos seus escasos merecementos e que agora o obriga a un gran esforzo para alcanzar a segunda praza do grupo.

Con moito sufrimento, o Barcelona (1-2) levou a vitoria en Praga ante o Slavia, nun partido que empezou cun gol temperán de Leo Messi, pero que se complicou co paso dos minutos. O triunfo dálle o liderado do grupo e practicamente achega os azulgrana á seguinte rolda. De novo, Marc André ter  Stegen foi determinante coas súas actuacións no primeiro tempo.