O Val da Morte, en California, rexistra a temperatura máis alta na historia do planeta Terra
Publicado o 18/08/2020 18:25

Nunca ata agora se rexistrara tanta calor no planeta Terra. Foi no Val da Morte, en California, onde o termómetro subiu ata os 54,4 graos centígrados, 131 graos Fahrenheit. É a temperatura máis alta medida con medios fiables. Esta zona desértica, situada a 400 quilómetros ao noroeste dos Ánxeles, xa rexistrara 54 graos en 2013, pero o último rexistro supón unha marca a nivel planetario.