CRTVG

Buscar

O uso xeneralizado das máscaras evita o contacto co pole e reduce as molestias das alerxias na primavera

Publicado o 17/03/2021 21:21

Este sábado ás 10:37 da mañá será oficialmente primavera. Pero a natureza xa hai días que comezou a abrollar. Unha estación cambiante que afecta as persoas alérxicas. E con case 25 graos, en Ourense o bo tempo convida a sáir a pasear.

"Polo menos que viñera o bo tempo para pasear un pouquiño".
"Tiñamos moitas ganas e que viñera o bo tempo. Eu non son alérxica e a verdade é que esou moi feliz de poder pasear por esta paisaxe tan bonita".
"Eu prefiro que estea bo tempo pero...", din os veciños en Ourense. 

"Coa chegada da primavera e, sobre todo, do tempo solleiro comao o deste días, hai máis pole no ambiente das plantas e as árbores e comezan os síntomas nas persoas alérxicas. Con todo, o uso xeneralizado das máscaras está a axudar a minimizar as molestias típicas das alerxias".

"Os pacientes os ano pasado na época do ple, en xeral estiveron bastante mellor. Ao protexerse do medio ambiente estamos evitando o contacdo do pole coas mucosas das fosas nasais, entón os síntomas foron moito máis leves que outros anos", asegura Marimar García, alergóloga.

Síntomas que as persoas alérxicas coñecen ben, 1 de cada catro galegos teñen alerxia ao pole ou as gramíneas.

"Si que ocasiona moita molestia a nivel óculonasal e mesmo bronquial. Realmente o mais gordo está aínda por chegar", di a alergóloga. 

Será a finais deste mes de marzo cando s bidueirose os piñeiros, tan comúns en Galicia, comecen a polinizar e a partir de maio as gramíneas.

Noticias web

17/03/2021