CRTVG

Buscar

O uso de máscara en exteriores divide o Congreso

Publicado o 21/07/2021 15:04

Co importante aumento dos contaxios e o anuncio de novas restricións, varias comunidades autónomas piden recuperar a obrigatoriedade das máscaras en todo momento. E no hemiciclo, na convalidación do real decreto lei do Goberno, o PNV vai sumarse ao PP e á Coalición Canaria para votar non a esta relaxación. Con todo, o Executivo podería sacar adiante o decreto previsiblemente co apoio de Ciudadanos, PDeCAT e Bildu. A ministra de Sanidade asegurou que a retirada das máscaras ao aire libre é unha decisión prudente, limitada e baseada en criterios científicos e na evolución da vacinación.
 

Noticias web

21/07/2021