CRTVG

Buscar

O uso da máscara dificulta o proceso de aprendizaxe da lingua nos nenos

Publicado o 01/09/2021 22:05

O uso das máscaras pode provocar atrasos ou dificultades no proceso de aprendizaxe da lingua nos nenos. Os logopedistas están tratando xa pequenos aos que lles custa pronunciar correctamente ou que tardan en aprender a falar.

Desde moi pequenos, a capacidade de comunicarnos e falar adquirímola escoitando e tamén mirando. Por iso os logopedistas advirten das complicacións que supón o uso de máscaras no proceso de aprendizaxe. Primeiro perdemos a intensidade do son, entre oito e dez decibeles con algunhas máscaras e despois os xestos da boca, que son fundamentais para os bebés.

O problema agrávase en cativos con trastornos no proceso de aprendizaxe, nenos xordos, disléxicos e que sufran autismo. Pero os logopedistas xa están tratando casos de nenos sen trastornos patolóxicos que precisan axuda.

Os especialistas aconsellan estar atentos e pedir axuda se detectamos algún problema. 

Noticias web

01/09/2021