CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O 'upsee' é un sistema que lles permite camiñar a rapaces con dificultades na mobilidade

Publicado o 16/05/2018 21:24
Un sinxelo sistema de arneses permite que os rapaces con dificultades na mobilidade poidan camiñar. Sempre, iso si, coa axuda dun adulto. O aparello denominado 'upsee' está formado por dous arneses e unha sandalia dobre. Custa uns cincocentos euros e ideouno unha nai israelí cun fillo que usaba unha cadeira de rodas. Esta ferramenta non substitúe as terapias, pero si mellora as habilidades motoras dos pequenos e, sobre todo, vincula emocionalmente o neno co adulto.

Telexornal Serán

16/05/2018