O único supervivente do accidente nun teleférico en Italia é un neno de 5 anos
Italia quedou totalmente conmocionada polo accidente de teleférico que provocou 14 vítimas mortais nos Alpes. Das 15 persoas que iban no teleférico soamente sobreviviu un neno de 5 anos que está ingresado nun hospital de Turín en estado grave.
A súa historia é a máis dramática de todas porque no incidente perdeu os seus pais, os avós maternos e tamén o seu irmán pequeno, de dous anos de idade.
Entre as vítimas hai outras 4 familias que pensaban pasar un día de tranquilidade na montaña. Tamén había turistas alemáns e franceses. O país enteiro estremeceuse co acontecido, sobre todo agora que se coñecen as identidades das vítimas.
Polo de agora as pescudas apuntan que ademais da rotura do cable tampouco funcionou o freo de emerxencia. Unha noticia que xerou tamén moita presión no resto instalacións que hai nos Alpes italianos, e que puideron retomar a súa actividade o sábado despois de meses de inactividade polas restricións á mobilidade impostas pola covid.