CRTVG

Buscar

O último temporal deixa unha poza en Riazor

Publicado o 11/02/2020 14:35

A alerta laranxa continúa activa na Coruña, deixando imaxes, cando menos curiosas, porque ademais de restos de area, os que esta mañá se achegaron ata o paseo marítimo puideron atoparse cunha gran poza formada coa auga que conseguiu rebasar a duna de Riazor.

A forza do mar tamén deixou danos no mobiliario, desprazando varias das bancadas de pedra do paseo, que tiveron que ser acordoadas.

A próxima preamar está prevista para as sete da tarde, polo que as zonas onde o mar bate con máis forza continuarán pechadas por razóns de seguridade.

Noticias web

11/02/2020