CRTVG

Buscar

O último artesán dos libros restaura e encaderna libros á man na súa librería en Ourense desde hai 35 anos

Publicado o 23/04/2021 15:00

Francisco Araújo di que é o último mohicano dos libros en Ourense. Un artesán que no seu taller na librería Cisne cose á man con fío de esparto nun tear feito á medida, encaderna e recupera con moito agarimo os libros danados.

Francisco era torneiro, pero desde o ano 86 o seu negocio familiar foise especializando na restauración de libros. Agora el ensinoulle o seu oficio á súa filla.

Rosa herdou do seu pai o seu amor polos libros, un traballo minucioso e co que tamén comezou a innovar para adaptarse aos novos tempos. A punto de xubilarse, está feliz de que non se perda a súa tradición.

Hoxe é o Día do Libro e os libreiros volven sacar os seus postos ás rúas. Din que coa pandemia o negocio non lles foi mal, de feito, os libros foron o mellor compañeiro para moitas persoas no confinamento e o índice de lectura acadou o seu máximo histórico.


 

Noticias web

23/04/2021