CRTVG

Buscar

O turismo xa se deixa sentir en Galicia cun aumento de reservas para o verán

Publicado o 22/05/2021 15:06

Tras sete meses pechados, este hotel de Sanxenxo, aberto dende o 30 de abril, recupera a normalidade.

Co verán ás portas, volven as reservas con antelación para planificar este nova estación diferente a de hai un ano.

O sector de hostalaría amósase optimista pero tamén está contento o sector inmobiliario. Alugar unha casa ou un apartamento na zona do Salnés, espertou o interese dende hai xa meses do turista galego e do procedente de Madrid.

Aseguran que as reservas en ambos os sectores irán en aumento. Os motivos, as ganas de volver á normalidade e a seguridade que ofrecen as vacinacións. Un novo capítulo de recuperación turística que en Galicia coincide con ano santo.






 

Noticias web

22/05/2021