CRTVG

Buscar

O turismo galego enche as rúas e terrazas de Santiago esta Semana Santa

Publicado o 04/04/2021 15:24

"Tomar un café, gozar do sol e dar un paseo". "Visitar a zona vella, porque terminamos onte unhas etapas do Camiño". "Gozar da cidade con pouca xente e do que ofrece".

Gozar da cidade si, pero con pouca xente parece difícil, nesta Semana Santa en que o turismo galego lle está dando un respiro á hostalería de Santiago.

"Vimos das Rías Baixas, estivemos por alí uns días. Hoxe pasámolo por aquí e á noite volvemos para Lugo".

"Non hai moito estranxeiro, ao mellor un inglés escoitamos, pero pouco máis, case todo galegos", din.

Os establecementos abertos contan que levan tres días coas terrazas ao completo e  é que as temperaturas agradables desta fin de semna convidan a reservar mesa con antelación.

"A verdade, si. Para as comidas temos bastantes reservas e vese que a xente ten ganas de estar ao aíre libre porque as comidas alónganse case ata a hora de peche".

"Bastante xente, ambiente pola rúa, sempre todo cheo, mañá, tarde, noite".

"A terraza estivo sempre chea", afirman distintos restauradores.

As medidas sanitarias permiten neste momento unha ocupación máxima do 75 por cento no exterior dos locais de Santiago ao que chegan con facildade.

"De feito foi difícil encontrar mesa para hoxe, hai moitos sitios cheos", di unha camiñante.
"Para nós o mes de marzo foi bastante bo, xa non temos todo o persoal fóra do ERTE e con miras de contratar para o verán", afirma un restaurador.

Confían en que a situación sanitaria se manteña e non dar un novo paso atrás.

Noticias web

04/04/2021