CRTVG

Buscar

O turismo dispara as vendas no comercio galego

Publicado o 25/08/2021 20:45

Ringleiras de veciños, pero sobre todo visitantes, agardan para entrar na feira en que o comercio de Viveiro saca á rúa o escaso stock que lle queda no almacén. E se non teñen moitos produtos é porque as vendas este verán disparáronse, acadando niveis prepandemia grazas, sobre todo, á elevada chegada de turistas.

Unha tendencia que se repetiu nos principais destinos galegos. Turistas, sobre todo españois, que quedan atrapados pola calidade e os prezos dos nosos produtos e que se converten, nalgúns casos, en clientes habituais grazas ás vendas en liña.

Din os comerciantes que isto supón todo un respiro despois de moitas dificultades pola pandemia, e agardan ademais que as cifras de setembro sexan tamén moi positivas.

Noticias web

25/08/2021