CRTVG

Buscar

O turismo aposta polo alugueiro vacacional nas Rías Baixas

Publicado o 26/04/2021 13:59

Hai casas nas Rías Baixas, a mil euros ao día, que levan tempo reservadas para o mes de agosto. As vivendas de alugueiro turístico están a experimentar un boom en Galicia, a xente aposta pola intimidade dunha vivenda para as vacacións, co grupo familiar ou cos amigos.

Dende a Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia sinalan o crecemento constante deste tipo de aloxamentos, un 20% mais ca o ano pasado", Para Roberto Iglesias, xerente dunha empresa de alugar de vivendas:  "Levan aforrando os cartos varios anos, dous anos neste caso. Entón, en canto abran ou nos solten un pouco, coido que vai ser unha estampida total".

Hai máis ganas de viaxar ca nunca, e a vacinación está a animar a xente a organizar as vacacións. Di Conde que "nestes intres en que hai que manter a distancia social, pois outras opcións como hoteis, dannos un pouco máis de medo e preferimos estar grupos máis pequenos, e este tipo de casas son unha boa opción para verán, e no inverno notamos que coa hostalería e parte dos hoteis pechados, a xente que tiña que vir, por estudos ou ver a familia, ou por un tema médico, ou para traballar por dous meses, pois eramos unha boa opción". Para Iglesias, "é un turismo evidentemente nacional e rexional, hai moi pouco turismo estranxeiro, botamos moito en falta os nosos veciños portugueses. Son estancias moito máis curtas, pero a xente ten moitas, moitas ganas de moverse" .

Alugueiro vacacional preferentemente na costa, pero tamén no interior. O tirón do ano Xacobeo fai que dende toda España se estean a reservar vacacións en diversos puntos de Galicia co gallo de facer unha visita a Santiago de Compostela.

Noticias web

26/04/2021