CRTVG

Buscar

O túnel da Cañiza estará en obras en sentido Ourense durante meses

Publicado o 05/02/2021 08:47

O túnel da A-52 na Cañiza tardará en abrirse entre dous e tres meses. Pechou despois de que un camión ardera a semana pasada no seu interior. E semella que as reparacións durarán tempo.

Aínda non hai unha data fixa para a reapertura pero a reparación dos danos acasionados polo lume neste túnel de Folgoso podería alongarse ata 3 meses. Durante ese tempo, condutores e transportistas que circulen dende Vigo en dirección Madrid teñen que desviarse pola Nacional 120 polo alto de Fontefría. Un rodeo que pode supor ata media hora máis de viaxe dependendo da densidade do tráfico.

O incendio deste camión cargado de coches, o pasado 25 de xaneiro, obrigaba o cortar ao tráfico o túnel do Folgoso, na A-52, en sentido Ourense. O que non se preveía é que as obras para reparar os danos pudieran alongarse durante meses. Os máis afectados os transportistas.

Ademáis das perdas económicas fan fincapé tamén na seguridade. Teñen que percorrer preto de 20 quilómetros por esta estrada.

O tempo vaixe pode alongongarse ata media hora xa que atravesan varias localidades entre elas a Cañiza.

Unha situación que, segundo o Ministerio de Transportes, alongarase polo menos ata o mes de maio se non xorden novas compliacións.

Os equipos do interior do túnel veñen do estranxeiro e a covid-19 está facendo máis lentos os transportes. Ademais, as obras tampouco son doadas.

Noticias web

05/02/2021