O TSXG mantén a nulidade do voto que lle dá a vitoria a Independentes por Monterroso nas municipais
Publicado o 26/06/2019 17:38

A sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso contencioso electoral interposto polo PSOE de Monterroso en que reclamaba que unha papeleta das eleccións municipais do pasado 26 de maio declarada nula fose validada ao seu favor.
Ao manter a nulidade da papeleta o alto tribunal galego, o resultado das eleccións dá a vitoria por un voto á candidatura de Independentes por Monterroso, mentres que se declarase a validez do voto produciríase un empate co PSOE que obrigaría a recorrer a un sorteo para adxudicar a alcaldía.