CRTVG

Buscar

O TSXG confirma a condena ao empresario portugués que intentou matar a muller nun hotel de Vigo

Publicado o 30/10/2020 08:40
O TSXG confirma a condena ao empresario portugués que intentou matar a muller nun hotel de Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a condena ao empresario portugués que tentou matar a súa muller nun hotel de Vigo hai catro anos. Deberá cumprir por un delito de asasinato en grao de tentativa os once anos e catro meses de cadea que lle impuxera a Audiencia Provincial de Pontevedra en dúas ocasións, xa que o xuízo tivera que repetirse.

O alto tribunal galego considera probado que o home pretendía acabar coa vida da vítima. Tamén se lle prohibe achegarse ou comunicarse coa muller durante 18 anos.

Noticias web

30/10/2020