CRTVG

Buscar

O TSXG anula o despedimento dun repartidor ourensán cando foi atropelado

Publicado o 16/04/2021 21:30

Un repartidor ourensán terá que ser readmitido pola empresa despois de que o seu xefe o despedira o mesmo día en que foi atropelado. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou o despedimento aplicando, por primeira vez en España, a prohibición de discriminar por apariencia de discapacidade. 

Fermín era repartidor nunha empresa de agua. O 20 de xullo do ano pasado, tras facer unha entrega, regresaba á furgoneta cando foi atropelado nun paso de peóns. Levaba 15 días traballando e ninguén lle comunicou o despido, nin sequera o sospeitaba.

Alí enterouse que o despediran dúas horas despois do atropelo.  Denunciouno e aínda que en primeira instancia o despido considerouse improcendente agora o Tribual Superio de Xustiza de Galicia declarouno nulo nunha sentenza pioneira en España.

A empresa, da que non tiveron noticias polo de agora, terá que readmitilo e pagarlle os salarios atrasados. A sentenza aínda non é firme xa que pode ser recorrida no Supremo.

Noticias web

16/04/2021