CRTVG

Buscar

O TSXA estuda se se repite o xuízo polo asasinato do pequeno Gabriel

Publicado o 29/01/2020 13:56

O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía estuda hoxe se se repite o xuízo contra Ana Julia Quezada pola morte do pequeno Gabriel Cruz. A defensa e a acusación cren, por motivos ben distintos, que a maxistrada non actuou con imparcialidade. Os pais piden que se inclúa na sentenza que Ana Julia se asañou co pequeno para matalo.

Os pais de Gabriel pediron a nulidade e a repetición do xuízo por entender que a maxistrada influíu na decisión que tomou o xurado popular.

Consideran un erro clamoroso que non se tivesen en conta os informes médicos que demostrarían que si houbo asañamento co seu pequeno de oito anos.

Ana Julia Quezada foi, finalmente, condenada a prisión permanente revisable por un delito de asasinato con aleivosía.

Por motivos ben distintos, a defensa de Ana Julia pide tamén a repetición do xuízo cun xurado profesional. Cré que o xurado popular se deixou levar pola presión mediática e que a maxistrada non ilustrou os seus membros da existencia de agravantes menos punibles que a aleivosía.

A Fiscalía pide a confirmación da sentenza, agás os dos dous delitos contra a integridade moral. O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía ten a última palabra sobre se hai que repetir o xuízo.

Noticias web

29/01/2020