CRTVG

Buscar

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronúnciase en favor dos dereitos parlamentarios de Antón Sánchez

Publicado o 25/06/2020 15:29
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronúnciase en favor dos dereitos parlamentarios de Antón Sánchez

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de pronunciarse en favor dos dereitos parlamentarios de Antón Sánchez, deputado do Grupo Común da Esquerda.

Sánchez pedira varios documentos en relación co proceso de fusión das caixas de aforro. A Xunta trasladoulle todos menos dous. O Tribunal obriga agora a Administración galega a entregarlle ao parlamentario toda a documentación.

Antón Sánchez quere que o fagan antes da cita electoral do 12 de xullo. O caso é que a Xunta ten aínda 30 días para recorrer diante do Tribunal Supremo.

Noticias web

25/06/2020