O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña citou a declarar como investigado a Roger Torrent
Publicado o 26/07/2021 21:15

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña citou a declarar como investigado o actual conselleiro de Empresa, e ex-presidente do Parlamento de Cataluña Roger Torrent. Esta citación, prevista para setembro, deriva da querela da Fiscalía contra Torrent por tramitar resolucións a favor do dereito á autodeterminación e contra a monarquía cando era presidente da cámara autonómica catalá. Roger Torrent lamentou que o citen, xa que cre que hai un intento de limitar a liberdade de expresión.