O Tribunal Superior de Xustiza de Canarias impide implantar o toque de recollida
Publicado o 14/07/2021 14:00

O Tribunal Superior de Xustiza de Canarias denega a solicitude do Goberno insular de instaurar o toque de recollida nas illas con alta incidencia. O alto tribunal canario estima que a situación epidemiolóxica non é proporcionada coa restrición da liberdade de circulación.
Esta medida tamén a queren retomar en Cataluña e Cantabria, onde o Goberno autonómico xa anunciou que vai pedir autorización aos tribunais para impoñer o toque de recollida dende a unha ás seis da mañá e limitar as reunións sociais na maioría dos concellos da comunidade.