CRTVG

Buscar

O Tribunal de Contas rexeita os avais da Generalitat para os exaltos cargos do 'procés'

Publicado o 14/10/2021 14:47
O Tribunal de Contas rexeita os avais da Generalitat para os exaltos cargos do 'procés'

O Tribunal de Contas rexeita os avais da Generalitat para os exaltos cargos do procés. O Instituto Catalán de Finanzas pretendía cubrir os 5,4 millóns de euros fixados na liquidación provisional da causa.

O tribunal non acepta os avais por proceder dunha entidade pública cando son as arcas catalás, argumenta, as prexudicadas por un uso indebido de fondos públicos para promover o procés no exterior. Deste xeito, comeza o procedemento para embargar os bens e dereitos de 28 dos 34 implicados.

Noticias web

14/10/2021