CRTVG

Buscar

O tremor de laza sentiuse tamén na provincia de Pontevedra

Publicado o 21/05/2021 13:45

Nas rúas de Ponteareas foron moitos os que sentiron o tremor, sobre todo os que non estaban durmindo. Foi o caso de Roberto Domínguez, que estaba na oficina do seu hostal e notou como se lle movía a mesa. Tamén llo comentaron os clientes do hostal. Nas vivendas o movemento foi percibido sobre todo polos que estaban espertos.

Bo susto levou tamén Sara, que padece un aneurisma e pensou que se estaba mareando pola doenza. Só quedou tranquila cando escoitou na radio que se trataba dun tremor. A carón de Ponteareas tamén se notou o tremor en Mondariz, cara a Vigo en Salceda e Mos, e mesmo en Cambados e na Cañiza.





 

Noticias web

21/05/2021