O transporte e a loxística viven un momento de auxe polas compras en liña
Publicado o 25/10/2021 14:35
As compras en liña comezaron a ter o seu impacto no sector loxístico hai uns anos. A crise sanitaria acelerou este tipo de comercio que se incremento nun 20 por cento. Os consumidores ven cada vez máis vantaxes.
Na provincia de Pontevedra xa emprega o sector da loxística xa emprega un dez por cento máis de traballadores que hai cinco anos. A actividade dispárase en Samaín ou no coñecido como venres negro onde as empresas aumentan as contratacións para poder facer fronte a demanda.
Os empregos nestas empresas crecen por riba da media e, segundo os expertos, seguirán facéndoo no próximo ano.