CRTVG

Buscar

O tráfico de cruceiros en Vigo dá sinais de recuperación cunha nova dobre escala

Publicado o 21/10/2021 16:19
O tráfico de cruceiros en Vigo dá sinais de recuperación cunha nova dobre escala

Este xoves viuse a segunda dobre escala de cruceiros no porto de Vigo, despois da pandemia. Reactívase este tráfico, tan importante para a economía da cidade olívica.

Desta vez atracaron en Vigo o Spirit of Adventure e o Regal Princess. Chegaban ás 8 da mañá con centos de turistas a bordo. Neste momento Vigo xa supera o número de cruceiristas de todo o 2020. Unha imaxe a desta dobre escala que é a da volta a unha certa normalidade.

Noticias web

21/10/2021