CRTVG

Buscar

O traballo ocupa a maior parte do tempo que pasamos conectados

Publicado o 04/08/2021 21:35

De media os españois pasan case 58 horas á semana conectados a Internet. Son 125 días ao ano, ou o que é o mesmo, case 29 anos, un terzo do promedio da esperanza de vida.

As actividades laborais acaparan o consumo dixital cunhas 20 horas semanais.

O resto do tempo repártese entre as actividades de lecer. Á cabeza con algo máis de 8 horas á semana sitúase ver películas e series. Seguido do uso das redes sociais, ás que os españois lle dedican 6 horas semanais.

Ver vídeos ou escoitar música son outros dos consumos en liña dos españois. Só 1 de cada 3 imaxina a vida sen Internet.

Internet segue a gañar tempo nas nosas vidas.

Noticias web

04/08/2021