CRTVG

Buscar

Traballadores do metal maniféstanse en Vigo contra o seu convenio

Publicado o 03/06/2021 20:58

Centos de persoas manifestáronse hoxe en Vigo nunha marcha convocada pola Plataforma de Traballadores do Metal.

O colectivo chamou á participacion de toda a cidadanía nunha manifestación en defensa dos traballadores do naval e do sector do metal en xeral. Din que o seu desmantelamento tamén repercutirá no comercio ou na hosteleria da comarca.

Os traballadores desta plataforma están en contra do convenio do metal recentemente asinado e séntense indefensos ante uns sindicatos afeitos a asinar recortes sen contar cos traballadores. Na manifestación solidarizáronse con outros operarios en situacións similares noutros puntos de España.


 

Noticias web

03/06/2021