CRTVG

Buscar

Pode un traballador aprazar as vacacións se dá positivo en covid?

Publicado o 31/07/2021 21:08

Cando un traballador se contaxia de coronavirus ou ten que gardar corentena por ser contacto directo dun positivo, ten dereito a unha baixa laboral que equivale a un accidente de traballo.

"Quere dicir que dende o minuto un o traballador cobraría o 75 % do seu salario mentres estea de baixa, di María José Martínez, experta en Dereito Laboral.

Se está de vacacións, o traballador mantén os mesmos dereitos. 

"Sería coma unha paréntese. No tempo que estás nese período de incapacidade temporal interromperíanse as vacacións e eses días que quedarían pendentes de collerse". "Hai que tramitar a baixa no centro de saúde", indica.

Sen baixa médica, as vacacións quedarían perdidas.

Noticias web

31/07/2021