CRTVG

Buscar

O toque de queda nocturno paira sobre as comunidades con peores datos

Publicado o 17/07/2021 21:23

Cataluña e Cantabria retomaron este sábado o toque de queda nocturno. En Valencia entrou en vigor o pasado martes. A sombra do confinamento volve pairar sobre as comunidades cos datos epidemiolóxicos disparados.

Na primeira noite, as forzas de seguridade tiveron que desaloxar máis de 4.000 persoas que non estaban a respectar a restrición en Barcelona. 161 municipios cataláns, cunha incidencia acumulada superior aos 400 casos por 100.000 habitantes, están afectados por esta medida.

Na comunidade valenciana, a mobilidade nocturna está restrinxida en 32 municipios. Tras varios días coas rúas baleiras a partir da unha da mañá, no sector turístico reina o desánimo.

Cantabria tamén retomou o toque de queda en medio cento de concellos. As autoridades tentan rebaixar a incidencia que se sitúa nos 570 casos por cen mil habitantes.

Noticias web

17/07/2021