O toque de queda da fin de semana desde as 13:00 horas baleira as rúas en Portugal
Publicado o 15/11/2020 20:32
Primeira fin de semana con toque de queda ampliado en Portugal, e iso estase a notar, e moito, nas rúas das cidades principais.
Así de baleira estaba este domingo Lisboa, sen apenas xente pola rúa e con toda a actividade non esencial pechada. Está totalmente prohibido circular polas rúas sen unha causa xustificada. O Goberno portugués ampliou o toque de queda durante dúas fins de semana desde a unha da tarde ás oito da mañá. Pretende frear así a curva de contaxios do país, con máis de 6.000 novos casos diarios e co sistema sanitario á beira do colapso. O país amplía a partir de mañá as restricións a 191 comarcas, entre elas as lindeiras con Galicia.