CRTVG

Buscar

O tifón Phantone golpea as Filipinas

Publicado o 26/12/2019 09:27

O tifón Phanfone golpea as Filipinas e deixa polo menos sete mortos ao seu paso. Hai doce persoas máis que están desaparecidas. A forte choiva e o vento de ata 150 quilómetros por hora causaron danos materiais na rexión centro deste país e foron evacuadas 1.670 persoas a refuxios provisionais, e foron cancelados 115 voos domésticos e deixou varados preto de 15.800 pasaxeiros pola interrupción do transporte marítimo.

As Filipinas reciben cada ano entre 15 e 20 tifóns durante a temporada de choiva.

Noticias web

26/12/2019